Somos un laboratorio de arte nómada. Podemos desplazarnos ónde queirades, cos nosos coñecementos e o laboratorio de traballo.
Levamos a arte e as súas técnicas alá onde nos atopemos.
Ofrecemos:
Se tendes calquera dúbida, o meu contacto é: nomada@nomadalaboratoriodearte.com ou noemi@nomadalaboratoriodearte.com.
Agardámosvos.
Nómada, Laboratorio de Arte son eu, Noemí Lorenzo Pérez, Doutora en Belas Artes, cun Máster en Obra Gráfica Contemporánea e co Certificado de Aptitude Pedagóxica no meu haber. A miña formación exténdese por unha variedade de campos, dende a pintura á obra gráfica, dende a escultura á fotografía ou a performance.
O meu traballo foi premiado na XI Bienal de Florencia, con III Premio en Performance, Lorenzo O Magnífico. Tamén recibín o I e o II Premio de Pintura Piñeiro Pose.
Fun seleccionada na IV Bienal Iberoamericana de Obra Gráfica e no III Premio Atlante, así coma no VII Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas e no Certame de Artes Plásticas Novos Valores 2011. Nos XVIII Premios Nacionais de Gravado e no V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.